COMPOSICIÓN 2º EVALUACIÓN
A Revolución Industrial iniciada en
Inglaterra a finais do século XVIII trouxo consigo o nacemento dunha nova clase
social: os obreiros, os cales Marx bautizou co nome de “proletariado”. Estes
obreiros eran os asalariados que traballaban nas fábricas dos empresarios nunhas
condicións laboráis próximas á explotación: longas xornadas laboráis, en
lugares de traballo totalmente insanos, sen seguros nin salarios mínimos e con
despidos improcedentes. Cómpre destacar tamén o papel da burguesía, a cal vivía
a costa do esforzo dos obreiros, mentres estes sufrían unhas condicións de
auténtica miseria. Esta revolución obreira trasladouse a España iniciándose en
Cataluña nas décadas de 1830 e 1840 destacando a súa presenza nas zonas industriais.
En poucos anos e, ante as condicións de vida e traballo do sector obreiro comezou
o que se coñece como “movemento obreiro”.
A primeira reacción do proletariado
ante o proceso industrializador foi o que se deu en chamar ludismo( movemento obreiro de artesáns ingleses contra a
incorporación das máquinas na industria). Así pois a clase obreira pensou que
as máquinas quitábanlles os postos de traballo aos obreiros, o que deu lugar a
accións violentas nas fábricas co fin de destruír as máquinas. Así e para
ilustrar este feito podemos ver o Doc. 1 no que se conta como unhas 4000
mulleres arremeteron contra os seus xefes e destruíron o tabaco en protesta
pola a incorporación de novas máquinas, o que deu lugar a modificación das
formas de elaboración. Como consecuencia disto, as mulleres non se acostumaron
ás máquinas, o que reduciu a produción e
por conseguinte o seu salario. Isto sucedeu en 1857 pero xa antes houbera
feitos similares en varias cidades españolas. Estes ataques cara ás fábricas a
mans dos obreiros só durou uns anos porque se deron conta de que o verdadeiro
inimigo da clase obreira eran os patróns, que non repartían de forma equitativa
os beneficios das empresas. Así pois comezaron a xurdir asociacións obreiras
clandestinas. Pouco a pouco estas organizacións van evolucionando e tendo certa
influencia e cara a década de 1840 aparecen as primeiras organizacións de
carácter sindical. Nun principio este tipo de asociación estaban prohibidas.
Como vemos no Doc.2 os obreiros queixábanse dos baixos salarios, do
traballo feminino e infantil e das duras condicións de vida que soportaban. Así
pois no xornal “El Eco de la Clase
Obrera” fan unha petición ás Cortes do Bienio Progresista, pedindo o dereito de
asociarse para reivindicar melloras laborais. Pero ante a pasividade do
Goberno, en 1855, ten lugar en Barcelona a primeira folga importante en
España,porén o dereito de asociación non sería recoñecido ata 1887 baixo o
goberno do liberal Sagasta. O sindicalismo seguiu espallándose. A Constitución de 1869
contemplaba coma un dereito recoñecido a posibilidade de asociarse, e isto
permitirá a chegada a España das ideas anarquistas introducidas en España por
Fanelli, quen tamén incorporou na sociedade española os principios da 1ª
Internacional. Coa influencia da corrente marxista, creouse a Asociación Internacional de Traballadores,
que pretendía ser o referente internacional das organizacións obreiras para
posibilitar unha acción coordinada. Pero como vemos no Doc.3 contou
sempre coa oposición dos gobernos e das clases burguesas. O xornal “La Defensa
de la Sociedad”, de corte conservador, móstranos a alarma que había entorno a
esta organización obreira. Antes de que rematase a represión ideolóxica existiu
unha Federación Regional española a cal se escindiu dando lugar a creación do
PSOE, e posteriormente a formacion do seu sindicato UGT. O aumento de apoios
destas dúas asociación, xunto co apoio da CNT aumentou a influencia do
movemento obreiro, o que supuxo a aprobación das primeiras leis de protección
laboral para mulleres e nenos, e numerosas reformas das condicións de traballo,
como a lei de descanso dominical, a lei de folgas ou a reducción da xornada
laboral a oito horas. Precisamente a unión destes dous sindicatos durante a
crise de 1917 fixo posible unha folga xeral que rematou co sistema da
Restauración. Como vemos no Doc. 4, pese a súa rivalidade, a CNT e UGT
falan da unificación de forzas nunha loita común para levar a cabo as
reivindicacións obreiras mediante a folga. Precisamente o fracaso dalgunhas
convocatorias de folga xeral nesta época debéronse á falta de unidade de acción
entre ambas organizacións. Nos seguintes anos houbo unha espiral de violencia e
asasinatos causados pola actividade sindical, as folgas, os conflictos sociais
e laborais. Os membros máis radicais dos sindicatos, especialmente da CNT, asasinaban
e atentaban contra os patróns, e estes respondían contratando matóns para
asasinar a líderes obreiros. Por útimo, destacar que moitos dos logros e
vantaxes laborais e sociais das que podemos gozar hoxe, e que moitas veces
pensamos que están ahí dende sempre, non houberan sido posibles sen o esforzo,
as loitas, os conflitos, e tamén o sangue dos que loitaron pola consecución dos
seus dereitos; eso foi o movemento obreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario