miércoles, 14 de marzo de 2018

Composición 2


COMPOSICIÓN 2º EVALUACIÓN

A Revolución Industrial iniciada en Inglaterra a finais do século XVIII trouxo consigo o nacemento dunha nova clase social: os obreiros, os cales Marx bautizou co nome de “proletariado”. Estes obreiros eran os asalariados que traballaban nas fábricas dos empresarios nunhas condicións laboráis próximas á explotación: longas xornadas laboráis, en lugares de traballo totalmente insanos, sen seguros nin salarios mínimos e con despidos improcedentes. Cómpre destacar tamén o papel da burguesía, a cal vivía a costa do esforzo dos obreiros, mentres estes sufrían unhas condicións de auténtica miseria. Esta revolución obreira trasladouse a España iniciándose en Cataluña nas décadas de 1830 e 1840 destacando a súa presenza nas zonas industriais. En poucos anos e, ante as condicións de vida e traballo do sector obreiro comezou o que se coñece como “movemento obreiro”.
A primeira reacción do proletariado ante o proceso industrializador foi o que se deu en chamar ludismo( movemento obreiro de artesáns ingleses contra a incorporación das máquinas na industria). Así pois a clase obreira pensou que as máquinas quitábanlles os postos de traballo aos obreiros, o que deu lugar a accións violentas nas fábricas co fin de destruír as máquinas. Así e para ilustrar este feito podemos ver o Doc. 1 no que se conta como unhas 4000 mulleres arremeteron contra os seus xefes e destruíron o tabaco en protesta pola a incorporación de novas máquinas, o que deu lugar a modificación das formas de elaboración. Como consecuencia disto, as mulleres non se acostumaron ás  máquinas, o que reduciu a produción e por conseguinte o seu salario. Isto sucedeu en 1857 pero xa antes houbera feitos similares en varias cidades españolas. Estes ataques cara ás fábricas a mans dos obreiros só durou uns anos porque se deron conta de que o verdadeiro inimigo da clase obreira eran os patróns, que non repartían de forma equitativa os beneficios das empresas. Así pois comezaron a xurdir asociacións obreiras clandestinas. Pouco a pouco estas organizacións van evolucionando e tendo certa influencia e cara a década de 1840 aparecen as primeiras organizacións de carácter sindical. Nun principio este tipo de asociación estaban prohibidas. Como vemos no Doc.2 os obreiros queixábanse dos baixos salarios, do traballo feminino e infantil e das duras condicións de vida que soportaban. Así pois no xornal  “El Eco de la Clase Obrera” fan unha petición ás Cortes do Bienio Progresista, pedindo o dereito de asociarse para reivindicar melloras laborais. Pero ante a pasividade do Goberno, en 1855, ten lugar en Barcelona a primeira folga importante en España,porén o dereito de asociación non sería recoñecido ata 1887 baixo o goberno do liberal Sagasta. O sindicalismo seguiu  espallándose. A Constitución de 1869 contemplaba coma un dereito recoñecido a posibilidade de asociarse, e isto permitirá a chegada a España das ideas anarquistas introducidas en España por Fanelli, quen tamén incorporou na sociedade española os principios da 1ª Internacional. Coa influencia da corrente marxista, creouse a Asociación Internacional de Traballadores, que pretendía ser o referente internacional das organizacións obreiras para posibilitar unha acción coordinada. Pero como vemos no Doc.3 contou sempre coa oposición dos gobernos e das clases burguesas. O xornal “La Defensa de la Sociedad”, de corte conservador, móstranos a alarma que había entorno a esta organización obreira. Antes de que rematase a represión ideolóxica existiu unha Federación Regional española a cal se escindiu dando lugar a creación do PSOE, e posteriormente a formacion do seu sindicato UGT. O aumento de apoios destas dúas asociación, xunto co apoio da CNT aumentou a influencia do movemento obreiro, o que supuxo a aprobación das primeiras leis de protección laboral para mulleres e nenos, e numerosas reformas das condicións de traballo, como a lei de descanso dominical, a lei de folgas ou a reducción da xornada laboral a oito horas. Precisamente a unión destes dous sindicatos durante a crise de 1917 fixo posible unha folga xeral que rematou co sistema da Restauración. Como vemos no Doc. 4, pese a súa rivalidade, a CNT e UGT falan da unificación de forzas nunha loita común para levar a cabo as reivindicacións obreiras mediante a folga. Precisamente o fracaso dalgunhas convocatorias de folga xeral nesta época debéronse á falta de unidade de acción entre ambas organizacións. Nos seguintes anos houbo unha espiral de violencia e asasinatos causados pola actividade sindical, as folgas, os conflictos sociais e laborais. Os membros máis radicais dos sindicatos, especialmente da CNT, asasinaban e atentaban contra os patróns, e estes respondían contratando matóns para asasinar a líderes obreiros. Por útimo, destacar que moitos dos logros e vantaxes laborais e sociais das que podemos gozar hoxe, e que moitas veces pensamos que están ahí dende sempre, non houberan sido posibles sen o esforzo, as loitas, os conflitos, e tamén o sangue dos que loitaron pola consecución dos seus dereitos; eso foi o movemento obreiro.

Mapa divisiones administrativas España después de J.Burgos

Imagen relacionada


Mapa divisiones administrativas España antes de J.Burgos

Resultado de imagen de Mapa divisiones administrativas España antes de J.Burgos


Cuadro cronológico Alfonso XIII -Nuestros días

Resultado de imagen de Cuadro cronológico Alfonso XII -Nuestros días


viernes, 15 de diciembre de 2017

Composición 1

Composición
El texto abarca todo el reinado de Fernando VII con sus respectivos cambios de gobierno y pronunciamientos militares.
Venimos de una situación de grave crisis monárquica protagonizada por Carlos IV gobierno el cual se vio sumido en graves problemas internos que desembocó el levantamiento revolucionario popular contra las tropas francesas que ocupaban el territorio español en estos momentos. Este levantamiento daría lugar a las instauración de las Cortes de Cádiz, la cual supuso una ruptura radical con los principios hasta entonces vigentes.
Tras el desembarco en Valencia en 1814, coincidiendo con la publicación del “Manifiesto de los persas”, Fernando VII abolió dicha constitución “declaro que mi real ánimo es no sólo jurar ni acceder a dicha constitución ni al decreto alguno si no declarar aquella constitución y tales decretos nulos y de ningún valor y efecto” recuperando el poder absoluto que se le había sido arrebatado tras la revolución liberal, llevando a cabo un potente regreso al pasado con medidas absolutistas, entre ellas la restauración de la Santa Inquisición o los gremios y una fuerte represión con los liberales . Durante su etapa de gobierno caracterizada por su poco conocimiento de la situación política que lo rodeaba, tuvo que hacer frente a diversos golpes de estado, todos ellos fallidos, reivindicadores de una monarquía parlamentaria llevados a cabo por algunos sectores regionalistas militares como  el llevado a cabo por Juan Díaz Porlier en 1815, “nuestro objeto es el de España entera: una monarquía sometida a leyes justas y sabias”. Tras un periodo de 6 años del reinado de Fernando VII caracterizado por ineficaces gobiernos, el 1 de enero de 1820 se sublevo el ejercito del general Rafael de Riego que acabo con Fernando VII jurando de manera forzada la Constitución de 1820,”marchemos francamente, y yo el primero, por la senda constitucional”.

Comienza ahora el Trienio Liberal, época con un espíritu de abundantes  reformas políticas, sociales y económicas el cual encontró dos vehículos de expresión de gran importancia como la prensa y las sociedades patrióticas. Fue un periodo dominado por dos corrientes liberalistas, los moderados y los exaltados.Cuando los exaltados llegaron al poder aumento la presión internacional sobre el régimen constitucional provocando el envio del ejercito conocido como “ Cien mil hijos de San Luis” por parte de la Santa Alianza para invadir España y concederle el trono a Fernando VII el cual estuvo desde el principio conspirando contra la corriente liberalista. Recuperado de nuevo su poder absolutista, Fernando VII declaro de nuevo nulo el gobierno constitucional, ”son nulos y de ningún valor todos los actos del gobierno llamado constitucional , volviendo a una fase de gran represión  característica del régimen absoluto de Fernando VII.  

Mapa del Imperio español Felipe II


Resultado de imagen de mapa del imperio español felipe ii blog

Resultado de imagen de mapa del imperio español felipe ii blog

Mapa Europa S.XVI